As Xornadas Europeas de Patrimonio 2026 reúnen tres actividades abertas ao público entre o 19 de setembro e o 13 de novembro: unha visita guiada ao xacemento de Adro Vello, un obradoiro de artesanía e unha xornada científica. Pode solicitar praza nas que lle interesen; cada actividade ten o seu propio cupo.
As Xornadas Europeas de Patrimonio son unha iniciativa de divulgación do patrimonio cultural. A edición de 2026 desenvólvese entre o 19 de setembro e o 13 de novembro con tres actividades abertas ao público.
Cada actividade solicítase por separado e ten o seu propio número de prazas. No mesmo envío do formulario pode marcar todas as que lle interesen: recibirá unha soa comunicación co resultado de todas elas.
Sábado, 19 de setembro de 2026 · 11:00 – 13:00 Adro Vello
CAMBIO CLIMÁTICO: PATRIMONIO COSTEIRO BAIXO AMEAZA
O xacemento de Adro Vello atópase no concello pontevedrés do Grove, concretamente na parroquia de San Vicente do Grove, ao pé da praia do Carreiro. Trátase dun asentamento complexo cunha superposición de estruturas de cronoloxía e funcionalidades diferentes, como unha fábrica de salgadura de época romana datada entre os séculos I e IV d. De C., ou unha necrópole de exhumación que vai desde o século V-VII ata o século XVIII.
O xacemento foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de zona arqueolóxica en 2023 polos seus valores arqueolóxicos, históricos, paisaxísticos e socioculturais e ademais é un recurso cultural visitable que se atopa suxeito para os efectos do cambio climático, especialmente a subida do nivel do mar e o aumento na frecuencia de eventos meteorolóxicos adversos.
Colaboradores
Venres, 9 de outubro de 2026 · 10:00 – 13:00 Santiago de Compostela
URBANISMO E DESENVOLVEMENTO
Actividade de descubrimento patrimonial para escolares, Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade didáctica de descubrimento, mediante dinámicas participativas e destinada a escolares, sobre a muralla medieval de Santiago de Compostela que, aínda que foi demolida no século XIX, sobrevive na memoria colectiva da cidade e os seus habitantes.
Colaboradores
Sábado, 17 de outubro de 2026 · 11:00 – 14:00 Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
TRADICIÓNS E PRÁCTICAS: REVITALIZACIÓN DE ARTESANÍAS
Obradoiro sobre tecido tradicional galego.
O das tecedoras era un traballo realizado no ámbito doméstico e pouco visibilizado, con todo as súas obras esixen un dominio de técnicas moi complexas e destilan unha gran capacidade creativa. O obradoiro desenvolverase ao redor dunha mesa de traballo sobre a que se expoñerán distintos materiais (ferramentas, téxtiles, bibliografía, citas textuais de entrevistas de campo, fotografías, etc) que servirán de punto de partida para facer unha reflexión conxunta sobre o contexto histórico e social, o vocabulario, os termos e definicións, as técnicas, os materiais, as ferramentas, etc.
Colaborador
Venres, 13 de novembro de 2026 · 09:00 – 14:00 Auditorio do Museo das Peregrinacións e da Cidade. Santiago de Compostela
CAMBIO CLIMÁTICO: PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO EN RISCO
Presentaranse comunicacións sobre os efectos do cambio climático sobre o patrimonio arqueolóxico. Concretamente abordaranse cuestións como os efectos adversos, as ameazas e os métodos para contrarrestalas, así como as estratexias de conservación preventiva sobre xacementos arqueolóxicos na costa, patrimonio arqueolóxico subacuático e patrimonio arqueolóxico afectado por incendios forestais.
Programa
Cubra os seus datos para reservar praza. Avisarémolo por correo cando revisemos a solicitude.
* Os campos marcados son obrigatorios.